O Concello, obrigado a expropiar unha parcela próxima ao Gafos que non lle interesa
Por Alejandro Espiño
A nova Lei do Solo aprobada recientemente polo Goberno obriga ao Concello de Pontevedra a desembolsar máis de 400.000 euros para expropiar unha parcela próxima ao Río dos Gafos que actualmente "non nos interesa, porque non se pode desenvolver", segundo explicou o concelleiro de Facenda, Raimundo González.
Os propietarios dunha parcela de 1.452 metros cadrados, situada na Rúa do Muiño, solicitaron a súa expropiación apelando a dita normativa. Esta lei permite solicitar este trámite cando os terreos estean catalogados como zona verde e non se desenvolveran nos últimos cinco anos. Trátase dun terreo valorado polos seus donos, no seu día, en 3 millóns de euros.
Pero o Xurado de Expropiación rebaixou esa cantidade aos 493.000 euros, que son os que debe abonar o goberno municipal a estes particulares, os mesmos que recibiron non hai moito tempo 1,3 millóns de euros por outra parcela próxima, ocupada ilegalmente durante as obras do paseo fluvial do Río dos Gafos. Pero o Concello recorrerá esta tasación ao entender que só lles corresponderían 409.000 euros.
Pero máis aló desta sentenza, Raimundo González lamentou que a Lei do Solo obrigue a realizar estas expropiaciones. "O normal é que se abone ese tipo de expropiacións cando haxa un aproveitamento urbanístico", asegurou. Recoñeceu ademais que hai máis parcelas en Pontevedra que estarían na mesma situación e que poderían obrigar "a un desembolso importante" por parte do Concello.
Inicialmente pensouse nesa parcela para habilitar unha zona verde e unha conexión peatonal entre a Rúa do Muíño e o paseo fluvial, un proxecto desbotado porque, segundo o edil nacionalista, económicamente "non podemos desenvolvela neste momento, hai cousas máis prioritarias".