Colgado na web de redeaxuda.com o excedente do Banco de libros de texto
Por Redacción
A Concellaría de Benestar Social Municipal continúa a xestionar o Banco de libros de texto, que se coordina a través de Redeaxuda.com, para todas aquelas familias que precisen solicitar os libros para o vindeiro curso.
Dende a Concellaría lémbrase que existe un excedente importante de libros de primaria que se atopa colgado na web redeaxuda.com. Todas as familias que queiran solicitar libros para este curso que comeza agora, poden consultar os excedentes dos distintos centros e solicitalos na Casazul en horario de mañá.
Por outro lado, solicita a colaboración das familias con alumnos que o pasado ano cursaron primeiro ou segundo de Bacharelato para que fagan donacións ao Banco de libros, especialmente dos alumnos que cambian de ensino e pasan á Universidade. Existe unha importante demanda deste tipo de manuais pero son os máis escasos no Banco de libros.
Relacionadas:
-
Organizan, a través da Rede Axuda, unha cea de Noiteboa para persoas soas e sen recursos
Por Alejandro Espiño |
-
As perruquerías de Pontevedra converteranse en sucursais da solidariedade
Por Oskar Viéitez |
-
O equipo Ciudad de Pontevedra sente as cores da camiseta da Redeaxuda
Por Redacción |
-
120.000 euros en libros de texto rematarán no lixo
Por Oskar Viéitez |
-
O Banco de libros entrega 3.224 manuais a 846 familias
Por Redacción |
-
O Banco de Libros de Texto entregou preto de 2.000 libros a 264 familias pontevedresas
Por Redacción |
-
800 familias solicitan participar no Banco de Libros de Texto
Por Diego Espiño |