As perruquerías de Pontevedra converteranse en sucursais da solidariedade
Por Oskar Viéitez
A RedeAxuda converteuse nun refuxio para moitas familias que en tempos de crise encontran axuda. Trátase dunha balanza na que os cidadáns equilibran a inxustiza económica. Se importante é saber onde acudir para pedir axuda, non o é menos saber onde prestala, por este motivo os salóns de peiteado de Pontevedra converteranse en sucursais da solidariedade.
A iniciativa é ben sinxela: Vostede acode ao salón de peiteado como sempre, deixa a achega que poida e con ela a RedeAxuda comprará alimentos en Froiz, a prezo baixo. Os empregados de Froiz levaranos á casa daquelas familias que o necesiten.
Este último aspecto débese a que non todas as cousas se deben facer con luz e taquígrafos, "hai que ter coidado con este tipo de cuestións porque hai unha liña moi feble entre a caridade e a solidaridade" precisou a concelleira de Benestar Social, Carme Fouces, "senón se rebaixa a dignidade das persoas".
De aí que, de forma discreta, ao igual que se entregan todas as compras, os empregados de Froiz serán os que fagan a entrega, evitando as familias necesitadas que teñan que acudir a recoller a mercadoría, eliminando ese incómodo momento. "Trátase de subir un chanzo na dignidade das persoas que precisen esa axuda", afirmou Fouces "parece unha parvada pero é un importante paso".
A Asociación Profesional Provincial de Perruqueiros brinda toda a súa colaboración a esta campaña que ten como lema "Lavar, marcar, peitear... axudar", segundo explicou a presidenta deste colectivo, Ana Barros.
A campaña, dirixida ao próximo nadal, empezará a funcionar nos próximos días en todos os salóns de peiteado que forman parte desta asociación, "a inciativa esta aberta a todas cantas perruquerías queiran participar", animou Ana Barros "temos moita ilusión e queremos poñer o noso graniño de area".
Relacionadas:
-
As perruqueiras reclaman a Montoro unha baixada do IVE
Por Oskar Viéitez |
-
Piden amparo á Xunta ante a proliferación de salóns de peiteado clandestinos
Por Redacción |
-
Sube ao camión dos bombeiros para colaborar con Redeaxuda
Por Redacción |
-
Nadal solidario no Complexo Deportivo Rías do Sur
Por Diego Espiño |
-
Organizan, a través da Rede Axuda, unha cea de Noiteboa para persoas soas e sen recursos
Por Alejandro Espiño |
-
O equipo Ciudad de Pontevedra sente as cores da camiseta da Redeaxuda
Por Redacción |
-
Colgado na web de redeaxuda.com o excedente do Banco de libros de texto
Por Redacción |
-
40 quilos de solidariedade directa dos froiteiros da Parda a RedeAxuda
Por Natalia Puga |