Organizan, a través da Rede Axuda, unha cea de Noiteboa para persoas soas e sen recursos
Por Alejandro Espiño
Din que pequenos xestos poden cambiar o mundo no que vivimos. Se iso é certo que mellor que empezar a facelo ao teu arredor. Iso é o que pensarían Francisca Rodríguez e a súa familia, propietarios da Residencia La Peregrína. Habitualmente acollen a numerosos estudantes da Universidade de Vigo, pero a próxima Noiteboa abrirá as súas portas para un público completamente diferente.
O establecemento hoteleiro, situado na rúa Eduardo Pondal, invitará a persoas con escasos recursos e que vaian pasar soas o Nadal, a unha cea de Noiteboa para que poidan pasar a noite en compañía, tal e como parece obrigado nesas datas. Un total de 50 persoas, seleccionadas polos servizos sociais municipais e as asociacións integradas na Rede Axuda, serán os comensais nesta iniciativa solidaria.
"Llevábamos algún tiempo pensando en hacer algo así, aprovechando que en Navidades cerramos la residencia al marcharse los estudiantes a sus casas", explicou Francisca Rodríguez a PontevedraViva. ÿ o período no que, habitualmente, ela e a súa familia gozan das súas vacacións. "Aprovechamos siempre para pasar un tiempo fuera, pero este año viendo como está todo pensamos que sería una buena iniciativa hacer algo así".
O menú: entrantes, sopa de marisco, pavo coa súa guarnición e sobremesas de Nadal. Todo correrá a conta da casa
Asegura que é a forma que atoparon para poder axudar a xente que o necesita. Ao principio pensaron en acudir a Cáritas, ao comedor de San Francisco ou á Cruz Vermella para invitar aos seus usuarios, pero finalmente se decantaron por organizar esta cea a través da Rede Axuda para que a través das asociacións que a integran "pudiesen venir personas de diferentes ámbitos y que realmente lo necesitasen".
Pensaron en invitar a familias con nenos, pero finalmente optaron por persoas sen recursos que vaian pasar soas o Nadal nas súas casas. Francisca e a súa familia serán os encargados de servirlles a cea de Noiteboa. O menú: entrantes, sopa de marisco, pavo coa súa guarnición e sobremesas de Nadal. Todo correrá a conta da casa, pero os donos da residencia intentarán que os seus provedores poñan o seu gran de area.
"Queremos que la cena termine con un sorteo de cestas de navidad o pudiéndoles dar algún detalle de una noche que queremos que sea muy especial para ellos", asegura a propietaria da Residencia La Peregrina. Tamén colaborarán con eles algúns dos seus amigos, pero sempre "de forma altruísta y libre". Entre todos intentarán que sexa unha noite de festa e que as persoas invitadas gocen dun día diferente, dunha Noiteboa 'en familia'.