Os veciños da avenida Luis Rocafort piden a zona azul para aparcar
Por Redacción
A Plataforma da Avenida Luís Rocafort solicitou ao Concello de Sanxenxo a aplicación da zona azul nas zonas de aparcadoiro desta rúa.
A proposta foi presentada na reunión mantida este luns polo alcalde, Telmo Martín e os concelleiros de infraestruturas e facenda, Daniel Fernández e Marcos Guisasola, con representantes deste colectivo.
O goberno local ve con bos ollos esta medida e a valorará tendo en conta, tamén, a opinión da asociación de comerciantes, Entretendas. Do mesmo xeito que noutras zonas do municipio, de aplicarse, poderase estacionar un máximo de 90 minutos sen ser sancionado.
Outro dos aspectos para solucionar por parte do Concello é "como facilitar o xiro" dos autobuses ou outros vehículos de gran tamaño no entroncamento co Paseo de Silgar. Ademais, no acceso á avenida, a beirarrúa ten un perfil que resulta perigoso para os vehículos que veñen desde o centro da vila e diríxense cara a Portonovo ou á saída do municipio.
Na reunión tamén se expuxo a idea de facer un aparcadoiro disuasorio no PEI 13 da avenida. O goberno valorará e estudará a posibilidade de poder levala a cabo.
Nestes momentos está a tramitarse a cesión da titularidade da rúa desde a Deputación ao Concello e, en canto sexa recibida, poderán executarse as decisións tomadas.
Relacionadas:
-
A reformada avenida Luis Rocafort pasa a mans do Concello de Sanxenxo
Por Redacción |
-
A avenida Luis Rocafort xa pertence, de maneira oficial, ao Concello de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Dúas parcelas en Miraflores permitirán crear 240 aparcamentos en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Sanxenxo denuncia á Deputación por denegarlle unha subvención
Por Redacción |
-
A polémica reforma de Luis Rocafort dá paso a unha nova avenida
Por Redacción |