A obra do pavillón da Laxe "será das primeiras" dos vindeiros orzamentos de Educación
Por
As obras de reparación do pavillón do colexio A Laxe de Marín "será das primeiras que se acometan no próximo exercicio orzamentario" da Consellaría de Cultura e Educación da Xunta de Galicia.
Este foi o compromiso que asumiu o xefe territorial de Cultura e Educación en Pontevedra, César Pérez Ares, este luns coa Asociación de Nais e Pais e a Dirección do centro nunha reunión celebrada na sede da Administración autonómica en Pontevedra despois das críticas verquidas durante as últimas semanas polos pais da Laxe sobre o deterioro do pavillón.
Pérez Ares lles trasmitió que "houbésenos gustado facelo antes, pero a situación foi a que foi e non se puido", en alusión a que o proxecto inicial, cifrado en 140.000 euros, pasou a custar 200.000 e a que os permisos para acometer a obra non chegaron a tempo para incluíla nos presupostos deste curso.
"Foi necesario o visto e prace de Augas de Galicia que supuxo a modificación do proxecto inicial e o aumento do custo da obra, o que impediu que se puidera acometer e fixo imposible a adxudicación", explicou.
A obra suporá derribar toda a zona de vestiarios
"Hai que derrubar toda a zona de vestiarios, facer unha nova edificación e novos servizos e por suposto, adaptar todo isto ao novo código técnico da lei educativa", expuxo Pérez Ares. "Para actuar legalmente, a administración debe cumprir toda unha serie de requisitos na adxudicación como é aplicar nesta os gastos xerais e o IVE ao 21% o que volve encarecer o custo".
Na reunión tamén estiveron a alcaldesa de Marín, María Ramallo; diversos integrantes do Goberno local; inspectores de Educación do centro; e da Unidade Técnica deste departamento.
Segundo Pérez Ares, o encontro foi satisfactorio para todas as partes, pois "os representantes da ANPA levaron unha copia das partidas para que a poidan mostrar os pais e saiban que aquí non estamos a esconder nada. O noso obxectivo é que os traballos queden ben feitos e non que teñamos que gastar cuartos agora e dentro dun ano teñamos que volver facer obra porque a anterior foi só un remendo".
Relacionadas:
-
O PSOE de Marín presenta unha moción para que se canalice o leito do río detrás do Pavillón da Laxe
Por Redacción |
-
A comunidade educativa de A Laxe implícase contra as deficiencias do pavillón
Por Redacción |
-
Os pais do colexio A Laxe de Marín inician protestas polo mal estado do pavillón
Por Natalia Puga |