Os pais do colexio A Laxe de Marín inician protestas polo mal estado do pavillón
Por Natalia Puga
Pais, profesores e alumnos do colexio A Laxe de Marín concentraranse este xoves 11 de outubro ás portas do centro para facer ver o seu "malestar por los atrasos" que sofre "desde hace tres años" a obra de reforma do pavillón.
O acto, convocado pola Asociación de Nais e Pais (ANPA), realizarase entre as 8.45 e as 9.00 horas e ten como obxectivo principal converterse nun acto informativo para toda a comunidade educativa do "mal estado" do pavillón do colexio e das xestións realizadas nos últimos anos co Concello de Marín e a Delegación Territorial da Xunta de Galicia.
A presidenta do ANPA, Natividade Soliño Alfalla, explicou que se trata dunha "concentración a nivel interno" e que decidiron convocala este xoves porque a semana pasada enviaron unha carta ao xefe territorial da Consellería de Educación, César Pérez Ares, na que lle comunicaban que se nunha semana non tiñan resposta ás súas desmandas iniciarían unha serie de protestas.
Ao respecto, fontes oficiais da Delegacion Territorial de la Xunta aseguran que a reparación do pavillón da Laxe é "unha obra prioritaria" para a Administración económica, pero que nestes momentos non contan con dotación presupostaria para poder asumila. Aseguran o compromiso de César Pérez Arias de acometela "en canto teñamos diñeiro".
As queixas dos pais céntranse, en especial, nas gretas que presenta a estrutura do pavillón e en deficiencias nos vestiarios. Natividade Soliño explica, por exemplo, que "os nenos de tres e catro anos non teñen servizos" e que non teñen instalacións para poder ducharse ou, polo menos, asesarse en condicións despois de participar na clase de educación física.
A representante dos pais engade que no caso dos gretas estamos preocupados porque un experto dixo que o muro non vai caer, pero nós non o temos tan claro, non o vemos tan seguro con tantas gretas". Recoñece, iso si, que ne os dous últimos anos se realizaron outras pequenas obras que foron sendo necesarias no centro.