Os bombeiros do consorcio provincial volven levar as súas denuncias á Inspección de Traballo
Por Redacción
O comité de empresa do consorcio provincial de bombeiros de Pontevedra denunciou, unha vez máis, á empresa concesionaria do servizo, Martinsa, ante a Inspección de Traballo por serie de irregularidades que aseguran que están a facer tanto á hora de organizar o traballo como nos medios materiais cos que dotan aos profesionais.
A denuncia, presentada por un comité no que teñen representación UXT, CCOO, CIG e SIBGAL, enumera unha longa listaxe de presuntas irregularidades como, por exemplo, obrigar aos traballadores a facer horas extra a pesar de que se negaron expresamente a elas desde o pasado 8 de agosto. Ademais, o comité sostén que os obrigan a facer esas horas extra pero non llas pagan como obrigadas, senón como voluntarias, pois supoñen un pago menor.
A maiores, denuncian que a empresa non está a dotar dos equipos de protección básicos para a realización de traballo, tales como roupa de augas para traballos en situacións climatolóxicas adversas, chaqueta para lumes forestais, parca, xersei ou polar. Isto implica, segundo manteñen, que non están equipados para traballar en incendios, pero tampouco ante situacións de choivas ou baixas temperaturas.
Outra das queixas é que a empresa cambia unilateralmente o horario de repartición de tarefas, recorta de dúas horas a unha o tempo para comer e modifica as condicións de elección do calendario laboral, o que implica que está "limitando considerablemente dereitos que levabamos anos facendo".
O comité de empresa lembra que Matinsa xa ten 18 expedientes abertos na Inspección de Traballo e sostén que "está a tocar fondo na súa nula xestión do servizo". Neste punto, piden a intervención da presidenta da Deputación Provincial, Carmela Silva, máxima responsable do consorcio provincial de bombeiros.
Relacionadas:
-
VÍDEO.- PSOE e BNG adían ata 2021 a desprivatización dos Parques de Bombeiros provocando o enfado dos traballadores
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Os bombeiros do consorcio provincial acudirán ao pleno da Deputación
Por Oskar Viéitez |
-
Os bombeiros do consorcio manifestaranse "contra os incumprimentos de Matinsa"
Por Redacción |
-
Piden unha auditoría do servizo provincial contra incendios
Por Redacción |
-
Os bombeiros do consorcio provincial acoden ao xulgado
Por Redacción |
-
A Deputación pide á Xunta un informe técnico que demostre a eficiencia da comarcalización dos parques de bombeiros
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A Xunta comezará "de inmediato" as negociacións para comarcalizar os bombeiros de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Os bombeiros comarcais inician unha folga indefinida
Por Redacción |