O Sergas analizará o novo espazo proposto en Caldas para a prestación da atención da matrona
Por Redacción
O xerente dos hospitais de Pontevedra e O Salnés, José Ramón Gómez, mantivo unha reunión co alcalde de Caldas de Reis, José Manuel Rey, e varias voceiras da asociación "Por un embarazo digno" para valorar a situación da prestación de atención da matrona no municipio.
No encontro, que transcorreu nun ambiente cordial, acordouse "valorar" o novo espazo proposto polo Concello de Caldas co obxectivo de "dar resposta coa maior celeridade posible" á demanda do colectivo veciñal de mulleres.
Así, o Servizo Galego de Saúde realizará unha valoración do local para estudar "se reúne as condicións necesarias para garantir unha prestación asistencial de calidade, así como a seguridade das pacientes".
Unha vez efectuado o dito análise, o Sergas procederá a tomar a decisión pertinente.
Relacionadas:
-
O Sergas pon en marcha na Tafona unha consulta para a matrona e unha sala de actividades
Por Redacción |
-
SATSE reclama a presenza constante e con espazo propio dunha matrona no centro de saúde de Caldas
Por Oskar Viéitez |
-
Na procura dunha solución para o servizo de matrona en Caldas de Reis
Por Redacción |
-
A prestación asistencial da matrona en Caldas pasa a ser de tres días á semana
Por Redacción |