SATSE reclama a presenza constante e con espazo propio dunha matrona no centro de saúde de Caldas
Por Oskar Viéitez
O sindicato de enfermería SATSE en Pontevedra esixe que o Sergas substitúa de forma continuada a baixa da matrona de Caldas de Reis e que doten das ferramentas adecuadas o local no que están de forma provisional, sen acceso ao historial das nais, e sen poder programas citar.
Ademais SATSE en Pontevedra esixe que as administracións, Concello e Sergas, póñanse de acordo para dotar á comunidade dun centro de Saúde que inclúa espazo para que as nais gestantes non teñan que compartir espazo coa Escola Taller.
Para este sindicato "non é de recibo" que, aínda que as matronas realizan a súa técnica con total asepsia, "o ambiente non é o máis adecuado para realizar ningún tipo de toma de mostras polo risco de infección que pode levar", explica a delegada de SATSE en Pontevedra, Emma Rodríguez.
Relacionadas:
-
O Sergas pon en marcha na Tafona unha consulta para a matrona e unha sala de actividades
Por Redacción |
-
O Sergas analizará o novo espazo proposto en Caldas para a prestación da atención da matrona
Por Redacción |
-
Na procura dunha solución para o servizo de matrona en Caldas de Reis
Por Redacción |
-
A prestación asistencial da matrona en Caldas pasa a ser de tres días á semana
Por Redacción |