O Sergas pon en marcha na Tafona unha consulta para a matrona e unha sala de actividades
Por Redacción
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) puxo en funcionamento asistencial as súas novas dependencias de Educación Maternal e atención por matrona na localidade de Caldas de Reis.
Unha vez efectuadas satisfactoriamente as valoracións técnicas dos novos espazos cedidos polo consistorio caldense no centro comarcal da Tafona a administración sanitaria aportou o equipamento audiovisual, mobiliario e informático para dotar das condicións necesarias e garantir unha prestación asistencial de calidade, así como a seguridade das mulleres xestantes de Caldas de Reis.
As dependencias albergan unha consulta para a matrona e unha sala de actividades con 70 metros cadrados de capacidade.
No transcurso dunha visita técnica, o xerente dos hospitais de Pontevedra e O Salnés, José Ramón Gómez, acompañado do alcalde de Caldas de Reis, José Manuel Rey, e representantes veciñais, supervisaron o funcionamento destas dependencias, que contan con conexión á rede informática do Sergas para que a matrona dispoña dun acceso áxil e inmediato ás diversas posibilidades on line para coordinar a súa asistencia, así como acceder á historia clínica mediante o sistema IANUS.
Relacionadas:
-
O Sergas activará o luns novas unidades no Hospital do Salnés
Por Oskar Viéitez |
-
O Sergas analizará o novo espazo proposto en Caldas para a prestación da atención da matrona
Por Redacción |
-
SATSE reclama a presenza constante e con espazo propio dunha matrona no centro de saúde de Caldas
Por Oskar Viéitez |
-
Na procura dunha solución para o servizo de matrona en Caldas de Reis
Por Redacción |
-
A prestación asistencial da matrona en Caldas pasa a ser de tres días á semana
Por Redacción |