Cuntis insta a Fomento a actuar de forma "urxente" na N-640
Por Redacción
Un novo accidente de tráfico na N-640 entre Cuntis e A Estrada foi a gota que colmou o vaso da paciencia do goberno municipal da vila termal. Veñen de manifestar publicamente o seu malestar polo estado no que se atopa esta vía, unha estrada fundamental para as comunicacións no norte da provincia de Pontevedra.
Cuntis recorda que a N-640 é unha estrada que ten unha intensidade media de 5.200 vehículos ao día, polo que instan ao Ministerio de Fomento, titular desta infraestrutura, a tomar medidas urxentes e facer un estudio "rigoroso" do que está a suceder nela.
No punto quilómetro 209,800, onde o pasado mércores resultaron feridas catro persoas, se produciron seis sinistros nun ano, polo que piden que o xefe provincial de Estradas, Pablo Domínguez, faga unha visita á zona para comprobar o seu estado.
Desde o Concello propoñen, en todo caso, catro actuacións que consideran prioritarias.
Aseguran que o firme da estrada atopase nun estado "lamentable", xa que a reposición que se fixo hai pouco tempo foi un "parcheo", que non incluíu a totalidade da estrada .
Ademais, solicitan melloras de sinalización na travesía de Cuntis, novos proxectos de seguridade viaria en Troáns e Portela e a mellora das interseccións no eixo Anllada-Couselo.
Relacionadas:
-
Tres novos accidentes constatan o perigo da N-640 en Cuntis
Por Redacción |
-
Meijón lamenta a despreocupación do Goberno de Rajoy pola seguridade viaria na N-640
Por Redacción |
-
O PSOE leva ao Congreso as queixas de Cuntis pola elevada sinistralidade da N-640
Por Redacción |
-
Feridos catro ocupantes dun turismo nunha saída de vía en Cuntis
Por Oskar Viéitez |
-
Morren dous motoristas novos nun accidente de tráfico en Cuntis
Por Oskar Viéitez |
-
Dous nenos de 8 e 10 anos resultan feridos nun accidente en Cuntis
Por Redacción |