Feridos catro ocupantes dun turismo nunha saída de vía en Cuntis
Por Oskar Viéitez
Catro persoas que viaxaban nun turismo pola estrada N-640 que enlaza Cuntis coa Estrada, resultaron feridas de diversa consideración ao saírse o vehículo da vía.
O sinistro ocorreu pouco antes da tres da tarde, segundo informaron desde Protección Civil de Cuntis.
Por causas que se descoñecen a persoa que conducía perdeu o control do vehículo que acabou envorcando despois de chocar contra unha árbore, á altura do quilómetro 210 da nacional.
Ademais dos efectivos de Protección Civil ao lugar do suceso acudiu a Garda Civil de Tráfico e Urxencias Sanitarias.
Relacionadas:
-
Cuntis insta a Fomento a actuar de forma "urxente" na N-640
Por Redacción |
-
Morren dous motoristas novos nun accidente de tráfico en Cuntis
Por Oskar Viéitez |
-
Dous nenos de 8 e 10 anos resultan feridos nun accidente en Cuntis
Por Redacción |
-
Dous feridos na colisión dunha furgoneta e dous camións en Cuntis
Por Redacción |