24 fogueiras obteñen autorización para celebrar o San Xoán e o San Pedro en Bueu
Por Redacción
O departamento de Urbanismo do Concello de Bueu resolveu a autorización municipal para a instalación de 24 fogueiras durante as noites de San Xoán e San Pedro no municipio.
No caso de San Xoán, autorizáronse un total de seis cacharelas en terreo público, concretamente na praia da Banda do Río, Mourisca, Tuia, Loureiro, Banda do Río e no parque de Xexide; mentres que para San Pedro haberá unha no Campo da Estacada.
As restantes corresponden a fogueiras que se van realizar en terreos privados.
As cacharelas deben realizarse en lugares despexados mantendo unha distancia de seguridade como mínimo de 25 metros das edificacións, liñas aéreas de servizos, mobiliario urbano e vehículos, e non deberá superar en ningún caso os 3 metros de alto.
Os organizadores das celebracións son responsables da total e correcta extinción das fogueiras e, ao remate da mesma e antes de abandonar o lugar, deberase coidar de que as cinzas queden totalmente apagadas.
Relacionadas:
-
238 cacharelas iluminarán Sanxenxo durante a noite de San Xoán
Por Redacción |
-
Medio cento de fogueiras iluminarán a noite de San Xoán en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
A sardiña cotiza á alza por San Xoán
Por Redacción |
-
Bueu prohíbe as fogueiras de San Xoán en Area de Bon, Lagos, Portomaior e Lapamán
Por Redacción |