O Día de Colón terá a súa propia cervexa artesanal
Por Redacción
Unha cervexa feita con lúpulo galego plantado en Poio e con lúpulo americano, fusionando aromas de aquí e alá. Así é a cervexa Almirante, producida pola fábrica artesá Meiga.
A compañía, afincada no propio municipio, producirá esta cervexa especialmente para o Día de Colón, a festa que se celebrará os días 7 e 8 de xullo en Combarro.
Na súa presentación estiveron a concelleira Lidia Salgueiro, responsable de Cultura e Festexos en Poio; Luis Tilve, socio da cervexeira Meiga; e os organizadores do Día de Colón.
A cervexa Almirante ten como obxectivo axudar á promocionar a festa. Parte dos beneficios da súa venda serán destinados a axudar a financiar a realización do evento.
Con esta cervexa artesá, segundo os seus produtores, faise unha homenaxe á figura de Cristobal Colón e á súa procedencia, envolta nun mar de misterio aínda que moitos estudos apuntan que era natural de Portosanto (Poio).