Combarro viaxa ao seu pasado medieval cunha nova edición do Día de Colón
Por Redacción & Diego Torrado
Combarro celebrou, un ano máis, a festa coa que conmemoran ao seu veciño máis ilustre, Cristóbal Colón. Porque se de algo están convencidos no municipio é da orixe galega do conquistador, ao que diversas teorías sitúan como natural de Poio.
Así, a oitava edición do Día de Colón volveu a ser un dos festexos máis animados do calendario estival en Poio. A Praza da Chousa foi o epicentro dunha ampla programación de actividades para todos os públicos que, por un día, devolveron a Combarro á Idade Media.
Centos de persoas, moitas delas vestidas como auténticos personaxes medievais, gozaron da asollada e calorosa xornada baixo a que se celebrou o Día de Colón.
Ademais do mercado artesanal, que encheu a praza de colorido, desde as once da mañá sucedéronse as actividades.
Ao longo da xornada houbo, entre outras, exhibicións de tiro con arco, talleres infantís, música na rúa, bailes medievais ou representacións teatrais.
A festa concluíu cun dos seus pratos fortes, a xusta medieval, que volveu a facer as delicias de maiores e pequenos.
Relacionadas:
-
O Día de Colón cambia de data para a súa novena edición
Por Redacción |
-
Colón, as motos e o triatlón complican o tráfico en Poio
Por Redacción |
-
Combarro, preparado para regresar á época de Colón
Por Redacción |
-
Colón regresará a Combarro a próxima fin de semana
Por Redacción |
-
O Día de Colón terá a súa propia cervexa artesanal
Por Redacción |