Colón volveu conquistar Combarro
Por Diego Torrado
Representacións teatrais, unha carabela, xustas medievais e traxes de época situaron durante este sábado a Combarro no túnel do tempo para achegar aos visitantes á época do descubrimento de América durante a celebración do Día de Colón.
A parroquia máis turística do Concello de Poio acolleu numerosas actividades nesta festa na que se reivindica a orixe galega de Cristovo Colón. O venres, a pregoeira Milagres Bará, colaboradora de PontevedraViva, defendía esta teoría asegurando que o descubridor era de Porto Santo, tal e como sinalaba o seu avó.
Durante todo o sábado realizáronse recreacións medievais coa presenza de falcóns e os máis intrépidos puideron practicar o tiro con arco enuna festa que, cada ano, acolle a un maior número de visitantes.