Costas autoriza a instalación de trece quioscos en nove praias de Sanxenxo
Por Redacción
Un total de trece quioscos repartidos entre nove praias do municipio. É a autorización que outorgou o servizo provincial de Costas ao Concello de Sanxenxo para a próxima tempada estival, segundo informou o goberno municipal.
O servizo que ofrecerán estes quioscos complementarase con 65 hidropedais, 340 tumbonas e antucas e 37 piraguas.
Silgar contará de novo con tres quioscos para bar, de 20 metros cadrados, e terrazas anexas aos mesmos, 28 hidropedais, 176 tumbonas e antucas e 12 piraguas. En Canelas poderanse colocar dous quioscos con terrazas, 24 tumbonas e antucas, 14 hidropedais e 7 piraguas.
En Areas está autorizada unha infraestrutura de 20 metros cadrados con terraza de idéntica superficie, ademais de 10 hidropedais, 50 tumbonas e antucas e 8 piraguas. Pola súa banda, en Baltar espérase situar un quiosco cunha terraza e en Paxariñas un quiosco cunha terraza, 5 hidropedais e 25 tumbonas e antucas.
Tamén recibiu o visto e prace a solicitude de permiso para dous quioscos con terrazas, 50 tumbonas e antucas e 5 hidropedais en Montalvo, e a doutro quiosco para bar cunha terraza en Major, con 15 tumbonas e antucas e 3 hidropedais.
Pragueira, onde podería instalarse un quiosco de 18 metros cadrados cunha terraza anexa e Foxos, que albergará un quiosco de 20 metros cadrados con terraza completan a petición.
Costas permitirá así mesmo a instalación dunha terraza de 30 metros cadrados na rúa Progreso de Sanxenxo e o anexo, de 48 metros cadrados, do quiosco situado no Parque do Espiñeiro, en Portonovo, no que se atopan os servizos públicos.
Ademais, tamén se autorizou a colocación dunha terraza de 32 metros cadrados vinculada a un restaurante de Portonovo.
Relacionadas:
-
A próxima semana empezarán as obras de mellora de accesos á praia de Canelas
Por Redacción |
-
Sanxenxo pasa exame aos seus 'vixiantes da praia'
Por Redacción |
-
Xa se pode solicitar a concesión dos servizos de tempada nas praias do Grove
Por Redacción |
-
Sanxenxo inicia o proceso de selección de socorristas e sanitarios para as súas praias
Por Redacción |
-
A Federación de Salvamento formará a socorristas en Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |