A Federación de Salvamento formará a socorristas en Sanxenxo
Por Oskar Viéitez
A Concellería de Seguridade do Concello de Sanxenxo xestionou coa Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia (Fessga) a realización dun curso de capacitación en Sanxenxo, o único destas características que se desenvolverá na provincia de Pontevedra.
Fessga é un centro formador acreditado pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta para a emisión de certificados de profesionalidade.
O curso que se celebrará en Sanxenxo, e para o que a matrícula está aberta ata o luns día 8 de maio, é de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en espazos acuáticos naturais para os alumnos xa titulados no Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte e Técnicos de Actividades Físico deportivas.
O curso terá unha duración de 270 horas das cales 70 son formativas; 80 serán prácticas e 120 validaranse coa realización dunha proba de acceso antes do inicio do curso, en caso de ser superada, que se celebrará o venres 12 de maio, ás 10 horas na piscina municipal de Sanxenxo, situada en Portonovo.
Esta iniciativa busca incrementar o número de profesionais que este ano poidan prestar servizo como socorristas nas praias de Sanxenxo. Trátase dun curso de modalidade presencial que se desenvolverá, no seu aspecto teórico, no edificio de Uso Múltiples de Portonovo e resultado das conversacións mantidas pola edil de Seguridade, Vanessa Rodríguez Búa coa propia Consellería de Traballo, departamento con competencias nesta materia.
A realización deste curso, sumado á ampliación do período transitorio para adaptarse ao decreto de 2012 que obriga aos socorristas galegos a dotarse dun certificado de profesionalidade, esixíndoo en 2021, incrementará o número de profesionais que estarán no mercado laboral este verán, xa que permite exercer a estudantes de INEF e TADAF.
Sanxenxo fará pública nos próximos días a convocatoria de socorristas para prestar servizo nas praias de Sanxenxo. A concelleira de Seguridade confía en que tanto as iniciativas formativas en marcha como as medidas implementadas polo goberno local permitan este ano cubrir a totalidade do persoal ao comezo da tempada.
Relacionadas:
-
Sanxenxo pasa exame aos seus 'vixiantes da praia'
Por Redacción |
-
Costas autoriza a instalación de trece quioscos en nove praias de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Sanxenxo inicia o proceso de selección de socorristas e sanitarios para as súas praias
Por Redacción |
-
O PP reclama á Deputación colaboración cos concellos na contratación de socorristas para as praias
Por Redacción |
-
Ao bo tempo socorristas nas praias de Marín... de probas
Por Redacción |
-
Marín e Bueu preparan 32 futuros socorristas para o verán
Por Antía Fernández Buján |