Xa se pode solicitar a concesión dos servizos de tempada nas praias do Grove
Por Redacción
O Concello do Grove informou que xa quedou aberto ata o 25 de maio o prazo de solicitude de concesións dos servizos de temporada nas praias.
Os servicios de praias aos que se pode concorrer son os que se sitúan durante a tempada nos areais de a Lanzada, O Carreiro, Area das Pipas, Area Grande, Raeiros, Areas de Reboredo e a da Mexilloeira.
Os servizos ofertados para estas areas son quioscos, tumbonas, hidropedaletas, kayak, padel surf e posto de servizos deportivos. Os usuarios que desexen ofertar estes servizos deberán presentar as súas ofertas e propostas de xestión.
As solicitudes deben presentarse nas dependencias do rexistro xeral do Concello do Grove de forma presencial ou por correo. Os interesados poderán ampliar a información requirida no Boletı́n Oficial da Provincia de Pontevedra ou no perfil do contratante.