O balizamento das praias preparado para o comezo da temporada
Por Redacción
As praias da Lanzada, Raeiros, Area da Cruz, Area Grande, Area de Reboredo, Area das Pipas e Mexilloeira xa contan con balizamento requirido para delimitar as zonas de baño. Durante estes días desenvolvéronse os traballos necesarios para habilitar este servizo e poder contar coas praias preparadas para a temporada de baño en condicións óptimas.
O balizamento foi realizado do mesmo xeito que o ano pasado realizando modificacións que atenden ás suxestións dos usuarios e buscando sempre a adecuada coordinación entre o desfrute da zona de baño e a práctica de deportes náuticos.
O material de balizamento é propiedade do Concello mentres que a colocación do mesmo corresponde a unha empresa externa.
Este cambio de xestión acometido o pasado ano permitiu un aforro de máis de 30.000 euros respecto a anos anteriores.