O Concello subvencionará a adquisición de taxis adaptados
Por Redacción
O Concello de Pontevedra convoca unha liña de subvencións para a adquisición de vehículos autotaxis adaptados a persoas con mobilidade reducida ou para a reconversión dos existentes. O prazo é dun mes dende a publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia deste mércores 19 de abril.
É a segunda vez que o Concello saca este tipo de subvencións que teñen como obxectivo fomentar que a rede de taxis local teña vehículos adaptados a persoas con necesidades especiais.
Poden optar a estas axudas as persoas físicas titulares de licenza de taxis do municipio que adquiran a propiedade dun vehículo novo adaptado ou adapten o vehículo que xa teñan no período que vai do 1 de xaneiro do 2016 e o fin da vixencias das bases.
O Concello de Pontevedra conta cunha partida de 10.000 euros para estas subvencións e o importe máximo para unha subvención será de 5.000.
Relacionadas:
-
Pontevedra estreará dous novos eurotaxis
Por Redacción |
-
Tres taxistas piden axudas para pasar a ter 'Eurotaxis' adaptados a persoas con mobilidade reducida
Por Redacción |
-
O Concello agarda que en 2017 haxa "como mínimo" catro taxis adaptados na cidade
Por Alejandro Espiño |
-
Queres ser taxista en Sanxenxo? Terás que examinarte de 'sanxenxismo'
Por Redacción |