A CIG volve á rúa para reivindicar que as pensións se revaloricen conforme ao IPC
Por Redacción
A central sindical CIG volveu a saír á rúa este mércores en defensa dos dereitos dos xubilados e pensionistas. Nesta ocasión, cunha reivindicación concreta que se realizaba á mesma hora en toda Galicia, o seu rexeitamento da subida do 0,25% que experimentaron as pensións este ano 2017. "Reivindicamos o IPC, non queremos o 0,25", indicou Felipe Aragunde Galiñáns, coordinador do colectivo de xubilados da CIG.
Un grupo de xubilados, pensionistas e cargos da central sindical concentrouse con esta reivindicación ante a sede do instituto Nacional da Seguridade Social da rúa Gagos de Mendoza e recolleu firmas que acompañarán a un escrito dirixido ao responsable provincial deste organismo coas súas reivindicacións.
O portavoz do colectivo valora que "non pode ser que os diputados suban o 10% para os seus gastos xerais e aos pensionistas lle suben o 0,25 cunha regla de tres que inventaron eles" e manifesta o seu enfado porque "estás reivindicando, mandando escritos e con esta xente non hai maneira".
Segundo denuncia Aragunde, a única resposta oficial que reciben ás súas reivindicacións é que as pensións están garantidas, pero eles loitan para que esa xubilación sexa "digna", por iso é polo que pensen en seguir coas mobilizacións. A próxima será o día 19 de abril coa previsión de realizar un percorrido por toda Pontevedra.
Ademais desta reivindicación do IPC, o colectivo de xubilados de CIG alerta de que a través do Pacto de Toledo preténdense introducir novas reformas no sistema de pensións guiadas pola política dos recortes en gasto público. Por iso esixen a derrogación das contrarreformas que reduciron o acceso e as prestacións das pensións.
Tamén demandan o incremento das mínimas, equiparándoas ao salario mínimo interprofesional e a supresión do repago dos medicamentos para os pensionistas.
Relacionadas:
-
A CIG reclama un sistema público de pensións que ofreza garantías
Por Gabriela Varela Asorey | Creada e actualizada
-
A CIG chama a recuperar dereitos participando na manifestación do 1º de maio
Por Anxo Lourido |
-
O colectivo de pensionistas da CIG demanda que se revaloricen as pensións
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
A CIG freta autobuses para manifestarse en Santiago en defensa das pensións
Por Natalia Puga |
-
Saen á rúa en defensa das pensións públicas
Por Oskar Viéitez |
-
Os pensionistas sairán á rúa en defensa das súas pagas e dos seus dereitos
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |