A Asociación contra o Cancro aníma a deixar de fumar cun curso e unha app
Por Redacción
A Asociación Española contra o Cancro ofrece un curso de deshabituación tabáquica que se iniciará o martes 18 de abril na sede do colectivo na rúa Augusto González Bicada, número 9. O psicólogo clínico, Enrique Casas, será o encargado de impartir este taller que levará a cabo de 19.00 a 20.30 horas.
O curso está dirixido a calquera fumador maior de 18 anos que queira abandonar o vicio. Dotarase aos participantes dunha axuda específica e personalizada, combinando a diminución progresiva do consumo de nicotina e unha serie de estratexias para facer máis levadío o abandono. Analizaranse tamén os riscos para a saúde que leva o tabaco asociado aos beneficios que achega o seu abandono.
As persoas interesadas en inscribirse poden anotarse na oficina da sede, chamando ao 986 86 52 20 ou enviar un correo electrónico a enrique.casas@aecc.es. Admitiranse inscricións ata o martes 11 de abril e a matrícula é gratuíta. Estes cursos contan cun elevado índice de éxito.
APP
A proposta conta cunha alternativa para aqueles persoas que non poidan axustarse a este horario. Trátase da aplicación Respirapp, dispoñible para Android e en IOS, unha guía de orientación e apoio que se atopa dividida en catro fases nas que aplicar unha serie de indicacións co obxectivo de romper co tabaco definitivamente.