A Asociación contra o Cancro volve saír á rúa lembrándose dos enfermos de cancro que viven sós
Por Redacción
A Asociación Española contra o Cancro (AECC) celebra este xoves 1 o día da tradicional campaña petitoria coa intención de recadar fondos para continuar realizando actividades apostando pola investigación sobre esta enfermidade; informar á sociedade sobre os seus programas e servizos, ademais de concienciar á poboación sobre a realidade do cancro.
O lema da campaña é "Se loitas contra o cancro estamos aquí" e, nesta ocasión, quere incidir nas preto de 40.000 persoas que, en España, teñen cancro e viven soas.
A cidade de Pontevedra contará con 20 mesas en horario de mañá e seis en horario de tarde, repartidas en rúas como Peregrina, Frei Juan de Navarrete, Praza de Barcelos, Benito Corbal e na zona monumental. Estas mesas estarán atendidas por máis de 200 persoas voluntarias, ademais de colaboradores que participarán con 300 huchas. Colaboran nesta iniciativa escolares de distintos centros de ensino de Pontevedra. O símbolo da campaña será a #FlordeEsperanza.
A AECC calcula que máis dun millón dos pacientes con cancro van necesitar algún tipo de axuda. O 28% demandará necesidades sociais, un 40% psicolóxicas e o resto orientación médico sanitaria.
O 36% das demandas sociais atendidas pola AECC están destinadas a cubrir necesidades básicas e novos gastos extra derivados da enfermidade. A Asociación afirma que o 42% dos pacientes presentan malestar emocional, unha 21% ansiedade e un 10% sofren depresión.
Relacionadas:
-
A AECC realiza o seu tradicional peditorio e pide #1MinutoContraelCáncer
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Pontevedra poñerase 'en marcha' para loitar contra o cancro
Por Diego Espiño |
-
O 65% dos enfermos de cancro piden servizos de estética para mellorar a súa día a día
Por Redacción |
-
A Asociación contra o Cancro anima a deixar de fumar cun curso e unha app
Por Redacción |