Unha axuda para poder falar cos netos
Por Oskar Viéitez
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e a presidenta da delegación pontevedresa da Asociación Española contra o Cancro asinaron este venres un convenio de colaboración para o desenvolvemento dun programa de rehabilitación psicosocial do paciente larinxectomizado.
O convenio está dotado cunha axuda anual de 9.000 euros.
Un larinxectomizado é unha persoa que sufriu cancro e por iso quitáronselle a larinxe e as cordas vocais. A partir desta operación, a persoa respira por un orificio (o estoma) situado no centro do pescozo en lugar de polo nariz e a boca, e perde a posibilidade de falar. O olfato e o gusto tamén se ven resentidos.
O cancro de larinxe afecta principalmente a homes adultos, e está estreitamente relacionado co consumo de tabaco. A día de hoxe en Pontevedra máis 30 persoas forman parte deste programa denominado "Volver falar".
Segundo explicou María José Crespo, un dos obxectivos que perseguen a maioría destas persoas é poder falar cos seus netos.
Desde a asociación fan un seguimento especializado a estes pacientes para axudarlles no desenvolvemento da súa vida diaria, con apoio social, psíquico e sanitario.
Relacionadas:
-
O novo mamógrafo dixital da Parda permitiu a detección precoz de nove casos de cancro de mama
Por Redacción |
-
O 65% dos enfermos de cancro piden servizos de estética para mellorar a súa día a día
Por Redacción |
-
A Asociación contra o Cancro anima a deixar de fumar cun curso e unha app
Por Redacción |