Gas Natural Fenosa, sinalada polo BNG como a responsable do "mal estado" da rede eléctrica galega
Por Alejandro Espiño
Gas Natural Fenosa ten a responsabilidade directa dos "duradeiros" cortes na subministración eléctrica que sufriron numerosos concellos da comarca de Pontevedra. Na Lama, por exemplo, duraron "máis de tres días", segundo lembrou a responsable comarcal do BNG, Eva Vilaverde. Todo iso polo "mal estado" da rede eléctrica en Galicia.
Acompañada doutros dirixentes nacionalistas, Eva Vilaverde presentou unha reclamación na sede da compañía en Pontevedra para esixir que melloren a resposta e os plans de actuación para "minimizar" os efectos dos cortes do servizo.
A compañía eléctrica debería realizar, segundo a denuncia do BNG, unha auditoría sobre a situación das infraestruturas eléctricas galegas, un plan para emendar as deficiencias "urxentes" e unha programación para acometer os investimentos precisos para conservar a rede "de forma continuada".
Esta situación contrasta cunha realidade na que, lembrou Vilaverde, a comunidade galega é "excedentaria" en enerxía eléctrica e, a pesar diso, páganse prezos "desorbitados" nos recibos e sen ter en conta os "custos ambientais" que ten para Galicia a produción da electricidade.
Por iso é polo que o BNG tamén dirixa a súa mirada cara á Xunta. Ao goberno galego esíxenlle que adopte medidas "canto antes" ante estes problemas na subministración eléctrica porque, dixo, "algo non funciona en Galicia".
"Non temos capacidade porque o goberno galego nin esixe responsabilidades nin controla o funcionamento das eléctricas ou do investimento que se realiza", denunciou a líder do BNG na comarca, que reclamou ao executivo de Feijóo que tome "cartas non asunto" para que Galicia poida xestionar as eléctricas e os recibos que pagan os cidadáns.
Relacionadas:
-
Cinco compañías enerxéticas están interesadas en subministrar "electricidade verde" o Concello
Por Alejandro Espiño |
-
Fenosa cambia un transformador para evitar apagóns nas inmediacións do Principal
Por Alejandro Espiño |
-
A Lama pide a Industria que esixa responsabilidades a Gas Natural Fenosa polos cortes de luz
Por Redacción |
-
80 horas sen electricidade: "En este siglo, no pueden dejar cuatro días a los clientes sin luz"
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Preto de 23.000 persoas na provincia seguen sufrindo cortes de luz polo temporal
Por Redacción |
-
Preocupación por frecuentes cortes de luz que afectan a servizos municipais e á Universidade
Por Redacción |