A Lama pide a Industria que esixa responsabilidades a Gas Natural Fenosa polos cortes de luz
Por Redacción
Lugares da Lama como Pigarzos, debido aos temporais, estiveron máis de 80 horas sen luz. Por iso, o goberno municipal remitiu unha carta urxente ao conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, na que lle insta a tomar medidas contra a compañía subministradora, Gas Natural Fenosa.
Na súa misiva, Jorge Canda esixe responsabilidades á empresa por unha actuación que o alcalde cualificou de "manifestamente mellorable". Lembra que o Concello púxose mesmo en contacto con Fenosa para ofrecerlles a contratación dunha empresa externa, especializada nestas intervencións, para poder repoñer o servizo canto antes.
O alcalde lamenta que a empresa se negara e rexeitase calquera intervención que puidese realizar o Concello.
Ante esta situación, Canda solicita ao conselleiro que obrigue ás eléctricas a que, en caso de avaría prolongada, teñan a obrigación de habilitar un grupo electrógeno ou xeradores de alta potencia coa fin de restablecer provisionalmente o servizo.
O alcalde lembra que en Pigarzos hai unha poboación moi envellecida e con graves problemas de saúde que, nalgúns casos, necesitaban respiración asistida, polo que entende como imprescindible que se adopte un servizo de emerxencia urxente que abasteza de electricidade a estes núcleos ante calquera corte na subministración.
Ademais, Canda solicita tamén á Xunta o amparo para os veciños afectados que están a presentar reclamacións contra Fenosa coa fin de que sexan atendidas canto antes e que sexan indemnizados polo caño causado.
"Non podemos entrar agora en cuestións como que lle presenten os tickets de compra de produtos conxelados hai meses ou de produtos da casa que están nos arcóns ou nos conxeladores", asegura o alcalde.
Jorge Canda tamén pediu ao conselleiro que leve a cabo, por parte da administración autonómica, unha inspección pormenorizada das liñas que operan no municipio para ver a conveniencia ou non de que sexan reforzadas, modernizadas ou actualizadas para evitar que situacións como as vividas con este temporal volvan producir.
Relacionadas:
-
A Lama reproba a Fenosa e reclama indemnizacións para os veciños que sufriron cortes de luz
Por Redacción |
-
Quince veciños de Pigarzos reclaman indemnizacións a Fenosa polos cortes de luz
Por Redacción |
-
Os temporais deixáronte sen luz? Así podes reclamar
Por Redacción |
-
Gas Natural Fenosa, sinalada polo BNG como a responsable do "mal estado" da rede eléctrica galega
Por Alejandro Espiño |
-
80 horas sen electricidade: "En este siglo, no pueden dejar cuatro días a los clientes sin luz"
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Preto de 23.000 persoas na provincia seguen sufrindo cortes de luz polo temporal
Por Redacción |