Poio pon data á Festa do Mar e á Festa da Ameixa
Por Redacción
Poio ten nas súas festas gastronómicas un dos seus reclamos turísticos máis importantes. Por iso, o goberno municipal non quere perder tempo algún na súa organización. E o primeiro paso foi confirmar as datas tanto da Festa do Mar como da Festa da Ameixa.
A Concellería de Turismo anunciou que a Festa do Mar de Combarro celebrará a súa XVII edición entre o 23 e o 27 de agosto, mantendo os cinco días de programación.
A Festa do Mar contará como nas edicións anteriores, coa colaboración do club mariño A Reiboa como organizador da famosa Concentración de Embarcacións Tradicionais que este ano celebrará a súa XXII edición, e a colaboración da ACDeM Armadiña como organizadora do festival Armadiña Rock.
En canto á outra cita imprescindible do verán en Poio, a Festa da Ameixa de Campelo, celebrará este ano a súa trixésima edición.
Neste sentido, o Concello de Poio está traballando nun amplo programa de actividades para todos os públicos coa fin de celebrar como se merece unha festa que xa leva trinta anos presente no verán de Poio.
As datas para a celebración deste evento gastronómico serán como nas dúas últimas edicións, no mes de setembro, sendo os días 16 e 17 os escollidos para saborear as mellores ameixas da ría de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Poio recupera o Festival da Ameixa con Milladoiro, Los Secretos e Astarot
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
Poio convoca un concurso de fotografía con motivo da trixésima Festa da Ameixa
Por Redacción |
-
Combarro será a capital europea da cultura marítima no mes de xuño
Por Redacción |
-
Los Secretos e Astarot actuarán na Festa da Ameixa de Campelo
Por Oskar Viéitez |
-
150 barcos tradicionais encontraranse en Combarro en xuño
Por Redacción |
-
Poio defende a xestión "totalmente transparente" da súa Festa do Mar
Por Redacción |
-
A Festa da Ameixa supera todas as previsións
Por Redacción |
-
Ameixa 'por doquier' en Campelo
Por Cristina Saiz |
-
Máis de 35.000 persoas pasaron pola carpa da XVI Festa do Mar
Por Redacción |