150 barcos tradicionais encontraranse en Combarro en xuño
Por Redacción
Un total de 150 embarcacións procedentes de distintos puntos da xeografía galega, así como de outros puntos de España e de países como Portugal, Irlanda, Francia e Croacia, participarán na décimo terceira edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia.
O encontro terá lugar na vila mariñeira de Combarro do 29 de xuño ao 2 de xullo.
A organización deste evento corre a cargo dun amplo comité encabezado pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar), o club mariño A Reiboa e o Concello de Poio.
Este evento, que se celebra dende 1993 cunha periodicidade bianual cada vez nun porto galego distinto, converteuse xa na gran festa da cultura do mar e dos ríos de Galicia.
O Concello de Poio xa está a traballar nun amplo abano de actividades para os veciños e para os visitantes que cheguen ao municipio para participar neste encontro.
Relacionadas:
-
Seis concertos animarán as noites do Encontro de Embarcacións de Combarro
Por Redacción |
-
Combarro será a capital europea da cultura marítima no mes de xuño
Por Redacción |
-
Combarro porá 'coto' a carteis, terrazas e souvenirs no seu centro histórico
Por Alejandro Espiño |
-
Poio pon data á Festa do Mar e á Festa da Ameixa
Por Redacción |