O PP considera unha "total pérdida de tiempo y de dinero" a auditoría de persoal do Concello de Sanxenxo
Por Oskar Viéitez
O grupo municipal do Partido Popular considera unha "total pérdida de tiempo y de dinero" a auditoría de persoal do Concello de Sanxenxo.
A concelleira Silvia Freire cre que esta auditoria valeu de "excusa" á concelleira responsable de Seguridade Cidadá e Persoal, Vanessa Rodríguez, "para no iniciar el diálogo con los sindicatos y no afrontar los problemas ya conocidos".
Os populares entenden que non era necesaria unha auditoría para coñecer o funcionamento do concello, "detectar carencias, extraer conclusiones y corregirlas" e nin tampouco era necesario gastar os 18.000 euros "para que le hagan a uno el trabajo que le corresponde a cada concejal".
Silvia Freire lembra á concelleira de Persoal que ten compañeiros no grupo de goberno con "sobrada experiencia" na corporación local como para asesorala e que mesmo podía recorrer á oposición para resolver as súas dúbidas "y lo que es más importante, podría haber hablado y escuchado a los trabajadores del Concello".
Por este motivo o PP acusa de "falta de humildad" a Vanessa Rodríguez e sinala que a concelleira de Persoal podería destinar o diñeiro da auditoria para contratar máis axentes de "para solventar los graves problemas de seguridad ciudadana este verano" ou socorristas "que hubieran evitado la pérdida de banderas azules" ou mesmo contratar a persoal para o Servizo de Axuda no Fogar "para paliar el descontento de los usuarios por el sistema de rotaciones".
CONVENIO COLECTIVO
Segundo informaron dende o Concello, a concelleira de Persoal, Vanessa Rodríguez Búa, convocou ao comité de empresa e aos sindicatos a unha reunión que terá lugar o vindeiro 16 de febrero, na que se falará do convenio colectivo.
Relacionadas:
-
Os sindicatos e o goberno local acordan o convenio colectivo para os dous próximos anos
Por Redacción |
-
Un único convenio regulará a todos os empregados municipais de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Comisións Obreiras demanda o Concello de Sanxenxo por negociación ilegal
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo equipara o persoal laboral cos funcionarios, sen o apoio de CC.OO.
Por Redacción |
-
Sanxenxo realizará unha auditoría do persoal municipal para corrixir carencias nos servizos
Por Redacción |