Comisións Obreiras demanda o Concello de Sanxenxo por negociación ilegal
Por Oskar Viéitez
Comisións Obreiras levou ao xulgado o Concello de Sanxenxo por unha negociación do convenio colectivo que consideran "ilegal" atendendo á Lei de Emprego Público de Galicia.
Ademais de presentar unha declaración de "conflito colectivo" ante o Xulgado do Social este sindicato tamén denunciou ante o Contencioso-Adminstrativo reclamando que se cumpra a moción aprobada no Pleno municipal na que se instaba ao goberno local a iniciar de "inmediato" a negociación do convenio colectivo para acabar coa "discriminación" do persoal de traballadores municipais.
A moción fora presentada polo concelleiro non adscrito Roberto Agís e contou co apoio do Partido Popular e coa abstención do grupo de goberno.
O secretario de organización de CC.OO., Jose Luís García Pedrosa, explicou este luns en rolda de prensa que o seu sindicato non acepta a proposta do Concello de Sanxenxo de negociar dous convenios colectivos en senllas mesas de negociación, unha para o persoal laboral (60 persoas) e outra para os 130 traballadores de Terra Sanxenxo. Cando estes convenios estean resoltos, o goberno ten intención de acometer o acordo regulador dos 48 funcionarios do Concello e os 18 de Nauta e Turismo de Sanxenxo.
Comisións reclama que se negoce o convenio de forma unificada, ao que se opón o goberno local que, co apoio da CIG e do resto de representantes dos traballadores, conformou as mesas de negociación.
Pedrosa incidiu en que, tal e como está exposta esta negociación, está a prexudicarse aos traballadores e sinalou á CIG por prestarse a este tipo de acordos para favorecer ao goberno local, unha manobra "propia do peronismo arxentino" que "vulnera os dereitos sindicais" e que é "inaceptable" nun sindicato "que di ser de clase".
Pedrosa cre que esta actitude da concelleira responsable de persoal, Vanessa Rodríguez (SAL), tamén buscan "prexudicar" a representatividade de Comisións Obreiras que conta con 10 delegados sindicais, fronte aos 6 de CIG e os 2 independentes.
Relacionadas:
-
Sanxenxo agarda ter novo convenio laboral, como moi tarde, a principios do outono
Por Redacción |
-
Vanessa Rodríguez acusa a Telmo Martín de "beneficiar a Comisións Obreiras" polo seu labor de "desgaste e oposición" ao tripartito
Por Redacción |
-
Un único convenio regulará a todos os empregados municipais de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Comisiones Obreras demandará o Concello de Sanxenxo por negociación ilegal
Por Anxo Lourido |
-
O PP considera unha "total pérdida de tiempo y de dinero" a auditoría de persoal do Concello de Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |