RADIO.- PontevedraViva Radio estrea Pontevedra ten un puntazo
Por Marisa Ciordia
A modo de presentación este primeiro programa de Pontevedra ten un puntazo conta coa concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías, para explicar que é, como xurdiu e que obxectivos persegue esta iniciativa do Concello de Pontevedra. Nos seguintes programas iremos contando con representantes destas iniciativas empresariais que roldan xa as sesenta.
Gulías lembra en PontevedraViva Radio que cando chegou ao goberno municipal xa había unha rede empresarial que facía que Pontevedra tivese un movemento innovador. Así que o que se fixo foi buscar un programa que lle dese soporte, co fin de visibilizar estas empresas e dotalas de medios.
Para comezar o proxecto púxose en contacto a todas estas iniciativas empresariais para facilitar sinerxias; e darlles esa visibilidade sinalada "porque hai empresas que sen saír da cidade están a traballar co estranxeiro", dicía a concelleira.
Son negocios que levan un retorno económico importante, xeran emprego, dinamizan a cidade e traballan en sectores diversos; por exemplo publicidade, comunicación, editorial, servizos sociais, software, patrimonio, alimentación, deseño, cinema, música, téxtil, etc... A día de hoxe xa se desenvolveron diversos eventos neste proxecto como Pont-Up Store, Puntazos de encontro, Noites do fracaso, ou presentacións de modelos de negocio.
Relacionadas:
-
RADIO.- Escoitamos a "competencia colaborativa" das empresas do Puntazo
Por Marisa Ciordia |
-
RADIO.- Ano novo, propostas novas para Pontevedra ten un puntazo
Por Marisa Ciordia |
-
Empresas para amosar cultura
Por Mónica Patxot |
-
Máis de 125 propostas creativas "presumirán" de Culturgal entre o 4 e o 6 de decembro
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
O 'puntazo' de Pontevedra como "escaparate perfecto" para empresas creativas e culturais
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |