Empresas para amosar cultura
Por Mónica Patxot
Empresas recentemente creadas, outras con moitos anos de longa traxectoria e varias que decidiron asentarse en Pontevedra. En total, 36 entidades relacionadas coa cultura inauguraron este luns 1 de febreiro, ás 20.00 horas, unha exposición e presentación do catálogo desta mostra que se inclúe en 'Pontevedra ten un Puntazo'.
O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores inauguraba esta mostra que se pode visitar ata o vindeiro luns 15 de febreiro na planta baixa da Casa da Luz. A proposta ten como finalidade achegar ao público pontevedrés á actividade que desenvolve cada unha destas empresas, que ademais de crear emprego ofrecen unha imaxe positiva da cidade.
Antes da reunión desenvolveuse un foro de empresas que forman parte de 'Pontevedra ten un Puntazo', un programa das áreas de Promoción Económica e Cultura para a conexión e promoción das empresas locais que traballan no terreo da cultura e da creación.
As concelleiras de Promoción Económica e de Cultura, Anabel Gulías e Anxos Riveiro, asistiron a este encontro para traballar con estes empresarios en accións conxuntas e de difusión.
Relacionadas:
-
RADIO.- Polo correo do vento: un Puntazo de aniversario
Por Redacción |
-
RADIO.- O resultado da competencia colaborativa leva á segunda edición de "Etiqueta negra"
Por Marisa Ciordia |
-
RADIO.- Escoitamos a "competencia colaborativa" das empresas do Puntazo
Por Marisa Ciordia |
-
RADIO.- Ano novo, propostas novas para Pontevedra ten un puntazo
Por Marisa Ciordia |
-
RADIO.- PontevedraViva Radio estrea Pontevedra ten un puntazo
Por Marisa Ciordia |
-
O 'puntazo' de Pontevedra como "escaparate perfecto" para empresas creativas e culturais
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |