Trump, presidente de Estados Unidos. Como afectará iso a Pontevedra?
Por Oskar Viéitez
"Falou o pobo americano e elixiu a un campión", con estas palabras anunciábase este mércores ao mundo que Donald Trump gañou as eleccións en Estados Unidos. El é o novo presidente.
Como afectará iso a Pontevedra?
Coa crise foron moitas as empresas que buscaron no mercado estadounidense unha saída comercial. A ninguén se lle escapa que, á marxe das grandes empresas do Ibex, tamén aquí nas Rías Baixas hai moito negocio expectante por saber o que supoñerá a presidencia de Donald Trump, por exemplo, as adegas da Denominación de Orixe Rías Baixas ou o sector téxtil.
Pero tamén materiais de construción como pedra natural de Porriño ou madeira e as novas tecnoloxías, especialmente no ámbito sanitario e a industria do mar.
Estados Unidos é o sétimo mercado mundial para as exportacións das empresas da provincia de Pontevedra. 890 empresas galegas venden os seus produtos ao país norteamericano.
"Imos reforzar as relacións internacionais", dixo este mesmo mércores Trump, que engadiu que "obviamente os nosos intereses van a ser o primeiros pero imos ser xustos con todos os cidadáns do mundo", tras coñecer o resultado electoral.
Estados Unidos é o principal socio comercial de Pontevedra fóra da Unión Europea.
Estados Unidos é o principal socio comercial de Pontevedra fóra da Unión Europea
A expectativas non son boas, durante a campaña electoral o candidato republicano, Donald Trump, agora presidente electo, fixo un discurso proteccionista completamente en contra da apertura comercial do seu país. Isto supón abolir tratados como o NAFTA e paralizar outros que están en vías de negociación, como o Acordo Transatlántico de Comercio e Investimento (TTIP), aínda que isto non ten porque ser necesariamente negativo.
Pero tampouco positivo xa que o novo inquilino da Casa Branca ha enarborado consígnaa do "America primeiro" para impoñer máis barreiras ao comercio estranxeiro.
A primeira reaccion dos mercados foi un desplome bursátil e os expertos especulan xa cun abaratamento do dólar, algo similar ao que ocorreu nun primeiro momento co Brexit e que en pouco tempo foise normalizando.
Por certo que o último censo de españois en Estados Unidos ascende a 150.000 persoas e boa parte deles son galegos.
Relacionadas:
-
RADIO.- Trump: Imos cara a un cambio xeopolítico?
Por Marisa Ciordia |
-
Éxito de exportacións da D.O. Rías Baixas, que mira con preocupación a Donald Trump
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Os "millennials" impulsan o consumo do albariño
Por Oskar Viéitez |
-
Carmela Silva sobre a vitoria de Trump: "Que se pare o mundo, que eu me baixo"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |