Andaina popular para estrear o sendeiro azul de Ponte Caldelas
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas celebra este domingo a entrada en servizo do sendeiro azul, a ruta circular polo río Verdugo creada dende a praia fluvial, cunha andaina popular á que convidan a todos os veciños da comarca.
A andaina partirá ás 11.00 horas do Balneario e pasará ás 11.30 horas pola praia da Calzada, os dous puntos nos que os camiñantes poderán incorporarse. Non é precisa inscrición, polo que tan só hai que presentarse con calzado axeitado e roupa cómoda. O tempo estimado para o percorrido é de dúas horas, aínda que podería prolongarse pois están previstas algunhas paradas para explicar as actuacións realizadas nas diferentes partes da ruta.
A ruta, de 8,3 quilómetros polas beiras do río Verdugo, é o primeiro sendeiro azul de interior de toda España gracias a unha iniciativa emprendida polo Concello. Supuxo unha complexa tramitación ante a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC), organismo europeo que concede os distintivos bandeira azul, e da Deputación de Pontevedra, que concedeu unha subvención de 16.000 euros.
O sendeiro azul completa o seu atractivo paisaxístico e natural con elementos etnográficos como varios muíños, fontes, un peto de ánimas e os pasos de Portasouto, da Larpea e de Porta de Abaixo. Trátase dunhas estruturas seculares que os veciños utilizaban para cruzar o río e que foron completamente restauradas.
Relacionadas:
-
Os caldeláns estrean o Sendeiro Azul cunha andaina popular
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas contará cun carril-bici no paseo da praia da Calzada
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas reformará o paseo da Calzada de forma integral e incorporará carril-bici
Por Redacción |
-
O sendeiro azul do río Verdugo estará operativo a finais de xullo
Por Redacción |