O dispositivo de realidade virtual da Playstation poderá probarse no Encontro Tek-Fest de Pontevedra
Por Redacción
Pontevedra converterase nun espazo invadido por tecnólogos entre o 27 de setembro e o 1 de outubro. Nesas datas desenvólvese o Encontro internacional Tek-Fest no que participarán workshops profesionais para ofrecer o último en avances da realidade virtual. Estas xornadas inclúen diferentes actividades, entre as que destaca unha demo day e un Symposium, que se desenvolverá no Pazo da Cultura con algúns dos máximos expertos en tecnoloxía virtual.
Un dos responsables deste encontro, Toño Cabanelas e a concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías presentaro o evento no que destacaron as dúas tendencias que se van a traballar.
Por unha banda, a realidade virtual cunha análise sobre como foron evolucionando os aparellos tecnolóxicos desde a década dos anos oitenta en ramas como a educación o turismo ou a industria. E en segundo lugar tamén se verá a evolución da cartografía a través da visualización de datos. Para iso recórrese a CARTO, un software libre que se aplicou en cidades como Nova York ou Tokyo ou na NASA. A través deste tipo de propostas pódese observar a evolución do tráfico nunha cidade ou a afluencia de turismo e o seu consumo durante un determinado período de tempo. Pontevedrá servirá para que se elaboren mapas interactivos con esta aplicación.
Para os 'amantes do xogo', o Tek-Fest ofrece a oportunidade de probar as lentes de realidade virtual de Playstation, un dispositivo que está na fase previa ao seu lanzamento comercial. Toño Cabanelas destacou que desde Sony mostráronse moi interesados en vir a Pontevedra polas características da cidade.
O encontro tamén mostrará elementos artísticos como o que desenvolverá Espada y Santa Cruz no Pazo da Cultura, aínda que inspirada na ponte do Burgo, a través da utilización de lámpadas dentro do seu proxecto Light Kinetics.
Este primeiro evento ten o obxectivo de converterse nunha cita habitual en Pontevedra porque, segundo sinalan desde a organización, a cidade ofrece moitas posibilidades para un evento destas características.
Relacionadas:
-
A II edición do TEK-FEST será un Encontro de Tecnoloxía e Patrimonio
Por Oskar Viéitez |
-
VIDEO.- O Tek Fest achega os xogos do futuro ao Pazo da Cultura
Por Anxo Lourido |
-
Comeza o Tek-Fest cos obradoiros de realidade virtual e cartografía de datos
Por Redacción |
-
A realidade virtual máis "inmersiva" vai amosar o modelo urbano ao mundo
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |