Comeza o Tek-Fest cos obradoiros de realidade virtual e cartografía de datos
Por Redacción
O Tek-Fest comezou este martes con dous obradoiros de realidade virtual e de cartografía de datos.
O primeiro taller estivo orientado á captura de vídeo en 360 grados e de son binaural, e á integración da interacción nas imaxes inmersivas. Impartíuno o camarógrafo Antonio Víctor García-Serrano (Zakato) xunto ao equipo de Bermudas.Land, recentemente seleccionados no maior escaparate internacional de obras en realidade virtual, Kaleidoscope.
O segundo taller, dedicado á cartografía dixital urbana, foi impartido por Javier Noguerol, de CARTO, a empresa española líder en visualización e análise de datos xeolocalizados a nivel mundial.
Esta primeira edición do Tek-Fest, Encontro Internacional de Tecnoloxías Emerxentes, celébrase durante toda esta semana en Pontevedra. Baixo o lema #ACidadeDoFuturo, este evento reunirá persoas expertas en deseño, programación, imax, arquitectura, filosofía, moda, educación, social media e arte dixital para compartiren o seu coñecemento sobre as tendencias tecnolóxicas que mellorarán a vida nas ciudades no futuro máis próximo.
Ademáis dos obradoiros, un Symposium e un día de demostracións compoñen as actividades do Tek-Fest, organizado polo Concello de Pontevedra.
Relacionadas:
-
A II edición do TEK-FEST será un Encontro de Tecnoloxía e Patrimonio
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra mergúllase na tecnoloxía desde as Rail Girls programadoras aos videoxogos de Lara Croft
Por Anxo Lourido |
-
VIDEO.- O Tek Fest achega os xogos do futuro ao Pazo da Cultura
Por Anxo Lourido |
-
O dispositivo de realidade virtual da Playstation poderá probarse no Encontro Tek-Fest de Pontevedra
Por Redacción |
-
A realidade virtual máis "inmersiva" vai amosar o modelo urbano ao mundo
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |