VIDEO.- O Tek Fest achega os xogos do futuro ao Pazo da Cultura
Por Anxo Lourido
Un berro de horror atroz sorprende na entrada do Pazo da Cultura. O alarido provén dunha moza que experimentou o pánico probando un xogo de terror da PlayStation VR. O susto é tal que se quita as lentes virtuais e indícalle ao representante de Sony que non quere repetir. Despois comentaba aos seus amigos como lle parecía que unha man de maneira sorprendente que tentaba agarrala nun espazo escuro que só iluminaba ela coas súas lanternas virtuais. Así son os xogos que a partir deste outono irromperán revolucionando o mercado.
Pontevedra foi unha das primeiras cidades da península na que se puido comprobar o funcionamento deste visor grazas ao Tek Fest que, ao longo da semana, ofreceu diferentes actividades relacionadas coa última tecnoloxía e a colaboración de diferentes entidades de categoría internacional.
Este venres 30 chegaba o prato forte coa celebración do Symposium no Pazo da Cultura. Durante varias horas, os visitantes puideron gozar dunha demo de experiencias de realidade virtual e dunha performance na que se realizou un percorrido polos soportes sonoros cun gramófono e un fonógrafo do século XIX ata a actualidade. Tamén se podía comprobar o funcionamento da instalación interactiva "Light Kinetics", de Miguel Espada, coa utilización de lámpadas inspirándose na imaxe da ponte do Burgo.
Toño Cabanelas, da organización do evento, mostrábase moi satisfeito en relación ao desenvolvemento dos obradoiros e dos relatorios máis técnicos que deixan paso nos dous últimos días ás actividades de demostración para todo o público. Cabanelas sinalaba que teñen intención de seguir repetindo con novas edicións.
Antes, para pechar esta primeira edición, este sábado 1 de outubro desenvolverase unha sesión Demo Day na Casa da Luz entre as 16.00 e as 19.00 horas. Calquera vivistante poderá achegarse e probar as tecnoloxías de realidade virtual que se empregaron durante os cinco días de duración do Tek Fest.
Relacionadas:
-
A II edición do TEK-FEST será un Encontro de Tecnoloxía e Patrimonio
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra mergúllase na tecnoloxía desde as Rail Girls programadoras aos videoxogos de Lara Croft
Por Anxo Lourido |
-
Comeza o Tek-Fest cos obradoiros de realidade virtual e cartografía de datos
Por Redacción |
-
O dispositivo de realidade virtual da Playstation poderá probarse no Encontro Tek-Fest de Pontevedra
Por Redacción |
-
A realidade virtual máis "inmersiva" vai amosar o modelo urbano ao mundo
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |