Restricións de tráfico en Marín desde o domingo polo paso de La Vuelta
Por Redacción
A saída, o vindeiro luns 22 de agosto, da terceira etapa de La Vuelta Ciclista a España desde Marín ocasionará importantes restricións de tráfico no centro da vila desde un día antes, o domingo 21.
O eixo principal da etapa e infraestrutura que acompaña á carreira será a Praza de España e os arredores do triangulo Farol-Escola Naval-Porto. Alí as restricións comezarán o domingo desde as 16:00 horas, con prohibición de aparcar e estacionar ata as 16:00 horas do luns.
Polas rúas polas que trasncurrirá o circuíto neutralizado do pelotón serán outros dos puntos afectados, é dicir, Praza de España, Rúa do Forte, Tiro Naval Janer, Rúa da Ponte, Jaime Janer, Almuiña e Avenida de Ourense.
Así o tramo da Avenida de Ourense que transcorre desde a Rúa Estrada, Praza de España, Almuiña e Jaime Janer, serán as que sufran o maior tempo de restrición, xa que o corte de tráfico esta previsto desde a 10:30 ata as 13:30 horas. No resto o corte está previsto desde as 12:30 ata as 13:30 horas, tendo en conta que a saída da carreira está prevista para as 13:06 horas.
Ao longo do percorrido neutralizado prohibirase o estacionamento de vehículos, excepto no tramo da Avenida de Ourense que vai desde o edificio do Concello ata Marqués de Valterra.
Ademais a carga e descarga en zonas habilitadas polas que pasará o percorrido só se permitirá ata as 10:00 horas, do mesmo xeito que co servizo de autobuses, onde quedarán inhabilitadas as Tiro Naval, Rúa da Ponte e Concepción Arenal (igrexa).
Por todo iso a concellaría de Tráfico, Mobilidade e Seguridade, baseándose no plan de tráfico elaborado pola Policía Local, recomendan o uso da Variante de Marin para os condutores procedente de Pontevedra, Bueu ou Seixo para entrar ou saír da vila, xa que nesta ocasión ao estar implicada toda a zona portuaria da Praza de España como eixo central da saída, non se poderá habilitar o viario interior do porto.
Relacionadas:
-
La Vuelta Ciclista a España revoluciona Marín
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
A Policía Local agarda que o paso de La Vuelta o luns por Pontevedra incida levemente no tráfico
Por Redacción |
-
Unha marcha ciclista popular, teloneira do paso de La Vuelta por Marín
Por Redacción |
-
La Vuelta quenta motores a un mes do seu paso pola provincia
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Primeiros pasos organizativos para a saída da terceira etapa de La Vuelta
Por Redacción |
-
Marín-Ézaro, así será a terceira etapa de La Vuelta 2016
Por Redacción |