O goberno local pretende que as obras para sanear o río Gafos comecen antes de 2017
Por Redacción
Os técnicos do Concello e da Deputación provincial están a traballar na elaboración do convenio para que as dúas institucións asuman o financiamento ao 50% das redes de saneamento da rede de sumidoiros do río dos Gafos na parte rural de Pontevedra. Os traballos iniciaranse desde a zona que limita con Vilaboa ata a estación de autobuses de Pontevedra. Tamén está previsto acometer a cuarta fase da rede de rede de sumidoiros de Mourente. O importe destas dúas actuacións supera os 2.114.000 euros.
Este tema tratouse na Xunta de Goberno deste luns 23 e o portavoz do goberno local, Raimundo González indicou que calquera incremento ou variación tería que asumila o Concello como entidade contratante. O proxecto xa se atopa en fase de licitación.
O goberno local, segundo apuntou González, quere afrontar neste proxecto a mellora da rede ata a rúa Alcalde Hevia, na zona cuberta do Río dos Gafos. E engadiu que unha segunda fase urbana de melloras ata a desembocadura afrontarase noutro momento porque, nesta ocasión, saíase do orzamento.
O concelleiro tamén indicou que espera que antes de que finalice o ano comecen as obras. Estes traballos de saneamento buscan eliminar as verteduras habituais no río e formaban parte dun convenio asinado coa Xunta de Galicia, pero Augas de Galicia non chegou a acometelos alegando incrumprimentos por parte do equipo de Lores.
O goberno de Pontevedra ten previsto reclamar ese investimento acordado aos responsables da administración autonómica.
Relacionadas:
-
Novo paso para facer realidade o proxecto "altamente demandado" do saneamento do Gafos
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Deputación e Concello presumen da súa "extraordinaria relación"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O Concello e a Deputación asinarán o mércores o convenio para sanear o Gafos ao que renunciou a Xunta
Por Natalia Puga |
-
A Deputación aproba o convenio para o saneamento de Bora, Mourente e o río dos Gafos
Por Oskar Viéitez |
-
Augas de Galicia remata os traballos de roza nun tramo do río Gafos
Por Redacción |
-
Vaipolorío denuncia as verteduras ao Gafos producidas pola rede de sumidoiros durante os temporais
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación achegará ao concello 500.000 euros para o saneamento do río dos Gafos
Por Redacción |
-
O Concello inicia os trámites para licitar o saneamento dos Gafos sen a Xunta
Por Redacción |
-
A voltas co saneamento do Gafos: a Xunta reprocha ao Concello que non entregou os terreos necesarios
Por Redacción |
-
O Gafos, sen saneamento: a Xunta dá marcha atrás ante o "reiterado incumprimento" do Concello
Por Redacción |