Afectados pola PO-234 inician un diálogo "franco e aberto" cos alcaldes de Cotobade e Ponte Caldelas
Por Redacción
Para tratar de superar unha serie de "malos entendidos", a plataforma de afectados pola PO-234, estrada que comunica Ponte Caldelas, Laxoso e Augasantas, convocou unha nova xuntanza para abrir un diálogo "franco e aberto" cos alcaldes de Cotobade e Ponte Caldelas, Jorge Cubela e Andrés Díaz, e todos os grupos políticos con presenza en ambas as dúas corporacións municipais.
Todos eles avogaron por retomar a senda da colaboración e a unidade de acción para conseguir o arranxo da estrada.
Na xuntanza, que tivo lugar na Casa do Pobo de Laxoso, as voceiras da plataforma informaron da constitución legal deste colectivo e da remisión do proxecto técnico da obra, por parte da Xunta, ao Concello de Ponte Caldelas o que permitirá aos técnicos municipais identificar aos propietarios afectados polas melloras a realizar e poder solicitar a súa colaboración con esta obra, poñendo a disposición da Xunta os terreos.
Así, tras identificar a todos os afectados se prevé convocalos a unha xuntanza a mediados do mes de maio, igual que se fará cos veciños de Cotobade.
A plataforma tamén reiterou a Jorge Cubela e aos representantes do Partido Popular a necesidade de instar á conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, a manter unha xuntanza para impulsar un acordo que permita o arranxo integral da estrada. O alcade de Cotobade comprometeuse a facer esa xestión para que se poida materializar canto antes.
Durante a xuntanza tamén se renovou o compromiso de que os grupos de goberno levarán aos seus respectivos plenos das súas corporacións, que se celebrarán o xoves 26 de maio, unha declaración consensuada para que sexa aprobada por unanimidade dos concelleiros para instar á Xunta do arranxo urxente da estrada PO-234.
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas sairá á rúa ante a "cacicada" da PO-234 entre a Xunta e Cotobade
Por Redacción |
-
O alcalde de Ponte Caldelas, en pé de guerra ante a Xunta pola estrada de Laxoso
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O 90% dos afectados pola ampliación da estrada Ponte Caldelas-Cotobade, dispostos a ceder os terreos
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas denuncia o bloqueo da Xunta ás obras da PO-234 Laxoso-Augasantas
Por Redacción |
-
Cotobade está a ser "moi ben tratada pola Xunta"
Por Redacción |
-
A plataforma de afectados pola PO-234 esixe que a estrada se reforme "dunha tacada"
Por Redacción |