Propoñen un "referendo municipal" sobre o convenio da praza de touros
Por Oskar Viéitez
A Asociación Animalista Libera e a plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas sinalaron este martes a "necesidade" de que o Concello de Pontevedra consulte cos veciños a renovación do acordo que cada ano subscribe cos responsables da praza de touros local para fomentar outros usos das instalacións a cambio dunha subvención próxima aos 48.000 euros.
Animalistas e abolicionistas coinciden na necesidade de promover un referendo municipal no que a cidadanía poida mostrar a súa opinión ante un convenio que, segundo os seus datos, desde o ano 2000 supuxo un desembolso superior aos 700.000 euros e que, ao seu xuízo, "na práctica serve aos promotores taurinos para financiar parte da súa tempada".
No último ano os colectivos contrarios ás corridas de touros expuxeron diferentes propostas como a posibilidade de reconverter o coso de San Roque nun espazo dedicado á cultura e ao emprendimiento, ou tamén a súa reformulación como hotel, imitando outros procesos de reconstrución que se deron en México e Portugal.
Para fomentar esta iniciativa cidadá as asociacións deberían recoller, en base ás disposicións do Regulamento de Participación Cidadá, polo menos un 10% do censo municipal, isto sería ao redor de 8.000 firmas.
Os colectivos autonómicos analizan esta posibilidade "se o consistorio non convocase a consulta o próximo ano", o que considerarían unha "falta de respecto" á cada vez maior oposición pontevedresa a un acordo considerado gravoso por animalistas e abolicionistas.
Relacionadas:
-
20 colectivos e 45 persoeiros da cultura, a arte e a educación asinan un manifesto contra as touradas
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O goberno local ampárase no Consello da Feira Franca para xustificar o convenio coa Praza de Touros
Por Redacción |
-
Propoñen non pagar impostos municipais se continúa o convenio taurino
Por Oskar Viéitez |
-
Piden a Lores que tome nota do 20-D e finiquite o convenio taurino
Por Redacción |
-
O goberno local declárase "antitaurino" pero seguirá pagando por usar a Praza de Touros
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación de Pontevedra declara á provincia, territorio libre de touradas
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |