Inaugurada a sexta edición do Sanxenxo Degusta Tapas
Por Redacción
Ata o 14 de xuño 33 locais de hostalaría de Sanxenxo participarán na sexta edición do concurso Sanxenxo Degusta Tapas.
A alcaldesa, Catalina González, xunto á concelleira de Turismo, Almudena Aguín e o preidente do Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo, Alejandro Touriño, inuaguraron este venres unha nova edición do certame.
Os locais participantes elaborarán un total de 64 propostas, 29 delas tradicionais e outras 35 creativas.
As tapas terán un prezo único de dous euros e o público participante poderá votar polas propostas que máis lle gusten gañando o dereito a participar en diferentes sorteos.
Ademais un xurado profesional escollerá ás mellores elaboracións gastronómicas presentadas a concurso.
SANXENXO DEGUSTA DRINK
Paralelamente ao Degusta Tapas celebrarase tamén o Sanxenxo Degusta Drink, destinada á elaboración de cócteles e na que participarán 12 locais.
Neste concurso establécense dúas categorías, os combinados sen alcohol (2,5 euros) e os cócteles con alcohol (3 euros).
Relacionadas:
-
Tritón, Bar Berberecho, La Taberna de Rotilio e Ollares da Ría, gañadores de Sanxenxo Degusta Tapas
Por Redacción |
-
33 locais competirán no Sanxenxo Degusta Tapas e 12 no concurso de Cócteles
Por Oskar Viéitez |
-
Volven as tapas e os cócteles a Sanxenxo con dous novos certames a partir do 15 de maio
Por Redacción |