33 locais competirán no Sanxenxo Degusta Tapas e 12 no concurso de Cócteles
Por Oskar Viéitez
Este xoves presentouse a sexta edición do Sanxenxo Degusta Tapas e Cocteles 2015 que se desenvolverá do venres 15 de maio ao domingo 14 de xuño.
Participarán 33 locais no concurso e 64 tapas nas modalidades tradicional e creativa (29 tradicionais e 35 creativas).
De novo a organización limita o concurso a dúas tapas máximo por local, para favorecer a rotación do publico nos establecementos.
Tamén se manteñen o mesmo prezo: 2 euros (consumición non incluída) e mantense o mesmo sistema de votación: voto do público e voto do xurado profesional, que irá polos locais e ao final do concurso seleccionará as 3 mellores tapas tradicionais e as 3 mellores creativas.
Haberá moitos premios e sorteos para o público participante, como por exemplo: estanzas en hoteis, spas, ceas, viaxes en barco, visitas a adegas, tíckets para actividades deportivas de ocio e tempo libre. Os primeiros en entregar o "degusta mapa" completo, recibirán como premio seguro unha cea ou comida para dúas persoas nos locais participantes e en caso de resultar desertos sortearanse entre todos os participantes.
Como novidades desta edición a aplicación para teléfonos móbiles de Turismo de Sanxenxo poderanse descargar os itinerarios xeolocalizados.
Ademais realizaranse tamén concursos paralelos para que os usuarios se retraten tapeando ou degustando os cócteles, baixo os hastagh nas redes sociais de turismo de sanxenxo, #sanxenxodegustatapas e #sanxenxodegustadrink.
Finalmente, complementaranse os concursos con dous talleres de tapas para nenos, os "pequetapas", que se farán durante o mes do concurso e serán con inscrición previa. Asi como cun taller de coctelería para os adultos.
Coincidindo coa chegada e saída da regata de Le Solitaire du Figaro que vai ter lugar en Sanxenxo a primeira semana de xuño, e co obxecto de facilitar que o público, organización e equipos participantes poidan gozar dos concursos de tapas e cocteles, por primeira vez editaranse os folletos en idioma francés.
SANXENXO DEGUSTA DRINK (COCTELES)
En canto á Sanxenxo Degusta Drink (Cócteles), nesta cuarta edicion participarán 12 locais a concurso e 22 cócteles (13 cócteles con alcohol e 9 sen alcohol).
Axustáronse os prezos para equiparalos un pouco ao concurso de tapas: 3 euros coctel con alcohol e 2,5 euros coctel sen alcohol. O resto de condicións, premios e promoción igual que as tapas.
Relacionadas:
-
Tritón, Bar Berberecho, La Taberna de Rotilio e Ollares da Ría, gañadores de Sanxenxo Degusta Tapas
Por Redacción |
-
Inaugurada a sexta edición do Sanxenxo Degusta Tapas
Por Redacción |
-
Volven as tapas e os cócteles a Sanxenxo con dous novos certames a partir do 15 de maio
Por Redacción |
-
A 'app' de Turismo de Sanxenxo terá premio en Fitur
Por Redacción |