Tritón, Bar Berberecho, La Taberna de Rotilio e Ollares da Ría, gañadores de Sanxenxo Degusta Tapas
Por Redacción
A sexta edición do concurso Sanxenxo Degusta Tapas xa ten gañadores. A adega Eidos foi o lugar elixido para anunciar o nome dos premiados. Foi un acto co que se pechou un certame que, segundo os datos de Turismo de Sanxenxo, empresa organizadora do concurso, despídese con máis de 13.000 tapas consumidas, o que supón uns ingresos aproximados de 60.000 euros para a hostalería local.
Nesta edición do Degusta Tapas, o xurado profesional considerou que a mellor tapa tradicional é a proposta polo Bar Berberecho, Mexillóns en escabeche sobre tostiña de broa, mentres que a creativa é para o Restaurante Tritón, con Lacón con grelos.
Pola súa parte, o xurado popular considerou que a mellor tapa creativa é a Fajita de Salmón, elaborada por La Taberna de Rotilio; mentres que a tradicional foi para Croquetas de lacón con grelos con jalea de tomate y rulo de cabra, proposta por Ollares da Ría.
Na entrega de premios, o alcalde Gonzalo Pita agradeceu a participación dos locais que tomaron parte nesta nova edición xa que considera que esta iniciativa, ademais da repercusión económica nos establecementos participantes, "tamén contribúe a atraer visitantes ao municipio e a desestacionalizar un sector que traballa con intensidade dous meses ao ano, pero que leva tempo explorando fórmulas que permitan a ampliación dese período".
Gonzalo Pita, que estivo acompañado polo concelleiro de Turismo, Jesús Sueiro, e o presidente do CETS, Francisco González, convidou ao sector a manter un novo encontro de traballo pasado o verán, tanto para analizar o resultado desta edición como para explorar novas iniciativas similares que se poidan ir desenvolvendo en temporadas previas ás altas.
No que atinxe á cuarta edición do Sanxenxo Degusta Drink o gran gañador desta edición foi o Pub Horus, que se fixo cos dous premios do xurado popular, é decir do público, un para Sol y Ron, na categoría de combinado con alcol e outro para Fresas con nata, na modalidade sen alcohol. Tamén o xurado profesional lle entregou a este último cóctel o seu premio mentres que reservou para Oca Hotel Vermar o premio con alcohol co combinado Galicia Paradise.
Relacionadas:
-
As mellores tapas de Sanxenxo, do 13 de maio ao 12 de xuño
Por Redacción |
-
33 locais de Sanxenxo despachan 13.000 tapas e ingresan 60.000 euros
Por Redacción |
-
Inaugurada a sexta edición do Sanxenxo Degusta Tapas
Por Redacción |
-
33 locais competirán no Sanxenxo Degusta Tapas e 12 no concurso de Cócteles
Por Oskar Viéitez |