Volven as tapas e os cócteles a Sanxenxo con dous novos certames a partir do 15 de maio
Por Redacción
Un mes probando as mellores tapas e cócteles dos locais de hostalaría do municipio. ÿ a suxestiva proposta que fai o Concello de Sanxenxo ao convocar novas edicións dos certames Sanxenxo DEgusta TAPAS e Sanxenxo DEgusta DRINK. Segundo adiantou a concelleira de Turismo, Almudena Aguín, ambas as dúas citas celebraranse do 15 de maio ao 14 de xullo.
En canto a Sanxenxo DEgusta TAPAS, os establecementos participantes servirán as súas propostas tradicionais e creativas, elaboradas con produtos autóctonos galegos, a un prezo único de 2 euros
Ao igual que en anteriores convocatorias, poderán concorrer aqueles locais que estean dados de alta como restaurante, cafetaría ou bar, presentando un máximo de dúas elaboracións, coas que optarán a algún dos premios concedidos tanto por un xurado popular como por un profesional.
Para emitir o seu voto o público deberá visitar polo menos cinco establecementos, dándolle dereito a entrar nos sorteos e regalos que se entregarán ás persoas que se acheguen a degustar as tapas.
Ademais, Turismo de Sanxenxo emprenderá diferentes accións de difusión do certame, de maneira que os participantes aparecerán nos folletos, carteis e 'degustamapas' e terán unha presenza destacada na páxina web da sociedade mixta e nas redes sociais.
Os responsables de restaurantes, bares, cafetarías, entre outros, que desexen sumarse esta edición deberán inscribirse na sede de Turismo de Sanxenxo, situada no Porto Deportivo Juan Carlos I, ou ben a través do correo electrónico info@turismodesanxenxo.com. Teñen de prazo ata o próximo 25 de abril.
SANXENXO DEGUSTA DRINK
Nas mesmas datas celebrarase a cuarta edición de Sanxenxo DEgusta DRINK. Neste concurso estableceranse dúas categorías, estando dedicada unha delas aos combinados sen alcohol, que se servirán a un prezo de 2,5 euros, mentres que a outra xirará en torno aos cócteles con alcohol, que custarán 3 euros.
Turismo de Sanxenxo tamén entregará regalos ao público que se sume a esta acción esixindo tan só a degustación de tres cócteles á hora de participar nos sorteos, mentres que a entrega dos demais obsequios se efectuará coas mesmas condicións que o concurso de tapas.
Relacionadas:
-
Inaugurada a sexta edición do Sanxenxo Degusta Tapas
Por Redacción |
-
33 locais competirán no Sanxenxo Degusta Tapas e 12 no concurso de Cócteles
Por Oskar Viéitez |
-
Terra de Sanxenxo busca informadores de turismo
Por Redacción |
-
La Taberna de Rotilio, Ollares da Ría, Mesón Xerfa e Bar Berberecho gañan 'Sanxenxo DEgusta TAPAS'
Por Redacción |
-
Os 35 participantes de 'Sanxenxo Degusta Tapas' serven máis de 15.000 racións nun mes
Por Redacción |