Maratoniana negociación para evitar a folga de lixo en Marín
Por Oskar Viéitez
O comité de empresa e a dirección de Urbaser encadean dende o pasado sábado horas de negociación para tratar de alcanzar un acordo que evite o inicio este luns dunha folga indefinida no servizo de recollida de lixos do concello de Marín.
O mediador da Xunta trata de aproximar unhas posturas que dende o primeiro momento se mostraron distantes.
Determinadas decisións de Urbaser adoptadas no medio da negociación contribuíron a aumentar este afastamento, como foi a contratación dunha empresa de seguridade para protexer os camións da recollida contra posibles ataques por parte dos piquetes.
O equipo aspira a lograr un aumento nas súas nóminas de 60 euros ao ano e segundo sinalaron "a contratación desta empresa de seguridade xa é máis cara que subirnos o soldo a nós".
Durante a reunión o representante de Urbaser puxo sobre a mesa a oferta de aumentar as nóminas en 56,3 euros ao ano a cada traballador a cambio de reducir o complemento de traballo en días festivos, que pasaría de 93,85 euros a 50. A medida foi rexeitada, xa que en termos xerais aseguraron que "o que nos dan por un lado nolo quitan polo outro".
O equipo de Urbaser cobra de media uns 800 euros en 15 pagas anuais.
Relacionadas:
-
Non haberá folga de lixos en Marín, Urbaser e traballadores asinan un acordo
Por Oskar Viéitez |
-
Urbaser e traballadores retomarán as negociacións cun mediador da Xunta
Por Oskar Viéitez |
-
Os traballadores de Urbaser Marín ven difícil evitar a folga de lixo e avisan "estaremos presentes na campaña"
Por Diego Espiño |
-
Conclúe sen acordo a negociación entre Urbaser e o comité de empresa
Por Oskar Viéitez |
-
Os traballadores de Urbaser iniciarán unha folga de lixo indefinida en Marín o luns 11 de maio
Por Anxo Lourido & Cristina Saiz | Creada e actualizada
-
Rotas as negociacións do convenio colectivo de Urbaser en Marín
Por Redacción |
-
Os sindicatos denuncian "incumprimentos" de Urbaser en Marín, Vilaboa e Ponte Caldelas
Por Oskar Viéitez |