Conclúe sen acordo a negociación entre Urbaser e o comité de empresa
Por Oskar Viéitez
Concluíu sen acordo a reunión entre os responsables da empresa Urbaser e a representación sindical do comité de empresa.
O encontro celebrouse na mañá deste martes sen que ningunha das partes se tivese movido da súa postura inicial.
Dende o goberno local de Marín transmitíronlle a ambas as dúas partes, empresa e representación sindical, que é fundamental continuar tratando de achegar posturas e para lograr isto, "é necesario que que as posturas se movan, se acheguen e traten de arrancar acordos".
A convocatoria de folga marca unha presión indubidable, aínda que evidentemente, no labor do concello está que reconsideren as súas posturas e que traten de achegarse para evitar esta última medida de presión.
O Concello apelou á "sensatez" e a que se trate de buscar unha vía de solución "á maior brevidade posible".
Os traballadores reunidos en asemblea, acordaron promover unha serie de iniciativas ante a cidadanía, corporación municipal e autoridade laboral. que darán a coñecer este mércores en rolda de prensa.
Relacionadas:
-
Non haberá folga de lixos en Marín, Urbaser e traballadores asinan un acordo
Por Oskar Viéitez |
-
Maratoniana negociación para evitar a folga de lixo en Marín
Por Oskar Viéitez |
-
Urbaser e traballadores retomarán as negociacións cun mediador da Xunta
Por Oskar Viéitez |
-
Os traballadores de Urbaser Marín ven difícil evitar a folga de lixo e avisan "estaremos presentes na campaña"
Por Diego Espiño |
-
Os traballadores de Urbaser iniciarán unha folga de lixo indefinida en Marín o luns 11 de maio
Por Anxo Lourido & Cristina Saiz | Creada e actualizada
-
Rotas as negociacións do convenio colectivo de Urbaser en Marín
Por Redacción |