Os traballadores de Urbaser Marín ven difícil evitar a folga de lixo e avisan "estaremos presentes na campaña"
Por Diego Espiño
Coas negociacións rotas e sen previsión de retomalas, a folga de recollida de lixo en Marín, convocada a partir do próximo luns 11 de maio, parece cada día máis próxima.
Ante esta situación de bloqueo os traballadores de Urbaser solicitaron á Xunta de Galicia a mediación da Autoridade Laboral porque "aún tenemos tiempo", defende Eusebio Justo, representante de CCOO.
Con todo a representación laboral recoñece que "hoy estamos mucho peor que cuando comenzamos la negociación" tras catro meses de contactos, e só piden que "la empresa tiene que meter en el cajón la congelación salarial" antes de que eles formulen aprazar a convocatoria de folga.
Justo sinala que os 17 empregados da concesionaria "hace tres años cobraban 900 euros más al año de lo que cobran ahora" e malia iso Urbaser négase a un incremento salarial.
Detrás do conflito, segundo os traballadores, escóndese unha represalia de Urbaser ao Concello tras a sanción de 180.000 euros que o goberno local lle impuxo alegando incumprimentos de contrato: "la empresa piensa, me estás machacando y por lo tanto la vas a pagar en un proceso electoral, te voy a llegar a un conflicto, a una huelga y te vas a enterar", explica o representante sindical.
Por ese motivo aseguran que non se deixarán utilizar e avisan de que estarán presentes na campaña electoral "no para boicotear nada, pero sí a hacer visible el conflicto".
Ademais de solicitar a intervención da Autoridade Laboral os empregados de Urbaser pediron á alcaldesa de Marín, María Ramallo, un papel máis activo na negociación e, pensando na folga, "que no se le vaya la mano en los servicios mínimos", explicou Eusebio Justo nunha rolda de prensa convocada este martes ante a sede da empresa.
Relacionadas:
-
Non haberá folga de lixos en Marín, Urbaser e traballadores asinan un acordo
Por Oskar Viéitez |
-
Maratoniana negociación para evitar a folga de lixo en Marín
Por Oskar Viéitez |
-
Urbaser e traballadores retomarán as negociacións cun mediador da Xunta
Por Oskar Viéitez |
-
Conclúe sen acordo a negociación entre Urbaser e o comité de empresa
Por Oskar Viéitez |
-
Os traballadores de Urbaser iniciarán unha folga de lixo indefinida en Marín o luns 11 de maio
Por Anxo Lourido & Cristina Saiz | Creada e actualizada